A vila de Portomarín situada na provincia de Lugo, nas marxes do río Miño, conserva as carcterísticas da tradicional vila galega, con soportales, rúas empedradas, e casas de baixa altura, o que a fai dona dun encanto especial. Atópase a 25 kms. ó sur da capital lucense. Limita cos concellos de Guntín, Páramo, Paradela, Taboada e Monterroso.

Famosa pola beleza paixaxística, o esmero co que se manteñen os moitos espazos naturais existentes no concello, Parques como o de Manuel de Blas, Antonio Sanz, ou Agustín del Río, fan que Portomarín sexa coñecida como Vila Xardín. Hoxe en día é a población galega que ten máis extensión de zonas verdes no seu casco urbano.

A súa privilexiada situación proporciónalle un clima suave e unha variada vexetación.  Na parte máis occidental atopanse os relevos que separan Portomarín da Ulloa, entre os que cabe destaca-lo Monte Narón, a 800 metros de altitude, e Pena da Lebre, cunha altitude de 747 metros sobre o nivel do mar. No centro do municipio situanse o Monte Castrillón, de 751 metros, e o Monte Gándaras de Cebres, 467 metros.
Climatolóxicamente dase un clima oceánico-continental cunha temperatura media de 12º. As precipitacións son suaves e regularmente distribuidas ó longo do ano, agás nos meses de Xullo e Agosto que presentan unha certa aridez estival. Regan as súas terras numerosos regatos e ríos, destacando os ríos Ferreira e Miño principalmente.

Portomarín conta cunha superficie de 115 quilómetros cadrados, divididos en vinte parroquias. A poboación, un total de 1918 habitantes, concentrase principalmente nas parroquias de San Pedro e San Nicolás de Portomarín, que conforman o centro urbano do concello.

O alcalde de Portomarín, Juan Serrano, destaca que nestes anos lograron «rexenerar o 100% dos xardíns» da localidade, ademais de facelos «máis participativos, para que a xente os poida gozar». «Os xardíns tiñan 50 ou 60 anos, estaban pechados con setos que non invitaban a entrar –explica Serrano­– e o que queriamos era que Portomarín, que era coñecida coma Vila Xardín, poida recuperar ese nome».

Entre as actuacións máis destacadas, o alcalde resalta a realizada pola escola taller de xardinería no entorno da igrexa de San Pedro e no parque Agustín do Río, que foi posible grazas aos case 400.000 euros do premio Galicia Parabéns, que lles concedeu Turismo de Galicia o pasado ano. Serrano insiste en que «en cada pequeno espazo, no balcón do Concello, en calquera lugar, tentamos facer un xardín con flores de temporada». Ademais, desterraron os plátanos: «Por cada plátano, plantamos 1,5 árbores de flor, que se agradecen moito na primavera».

Portomarín


Galicia (Lugo)
Población: Portomarín
Flores: 2