O xurado de Vilas en Flor visita os concellos de Caldas, Cuntis e Cambados no seu periplo para designar as flores de honra deste ano

  • Aos participantes do ano pasado súmanse nesta edición once novos concellos (Cambados, Fene, Guitiriz, Lalín, Narón, Pontedeume, Sada, Salceda de Caselas, Sarria, San Sadurniño, e Tui), o que fai un total de 25 participantes
  • A iniciativa está organizada pola Fundación Juana de Vega, a Asociacion de Viveristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar)
  • Na anterior edición foron Allariz e Chantada as localidades que acadaron mellor puntuación, alzándose con catro flores de honra

Oleiros, 8 de outubro de 2020.-O xurado do certame Vilas en Flor, organizado pola Fundación Juana de Vega, a Asociacion de Viveristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar), acaba de realizar novas visitas no seu percorrido polos 25 concellos participantes nesta terceira edición. Nesta ocasión os concellos visitados foron Caldas de Reis, Cuntis e Cambados. Os dous primeiros xa participaran nesta coinvocatoria o pasado ano, mentres que Cambados debuta xunto con outros dez concellos, o que fai un total de 25 localidades participantes este ano:

Aos concellos da pasada edición (Allariz, Caldas de Reis, Chantada, Salvaterra de Miño, Betanzos, Culleredo, Cuntis, Tomiño, A Guarda, Carballiño, Gondomar, Ortigueira, Ponteceso e Baiona) súmanse neste ano once novos (Cambados, Fene, Guitiriz, Lalín, Narón, Pontedeume, Sada, Salceda de Caselas, Sarria, San Sadurniño e Tui).

Proxecto «Vilas en flor»

Vilas en Flor persegue a mellora ambiental, social e económica dos concellos, así como a dinamización do sector do paisaxismo e a ornamentación, seguindo o modelo existente noutras comunidades autónomas como Cataluña, Aragón, Canarias e Valencia, a semellanza do sistema implantado desde hai décadas noutros países como Reino Unido, Irlanda, Francia, Italia e Canadá.

É un programa encamiñado á posta en valor da riqueza natural e paisaxística, na liña dalgunha das multifuncionalidades da infraestrutura verde. Con este proxecto preténdese a mellora estética e funcional do territorio mediante o recoñecemento público daquelas actuacións medioambientais, enriquecidas con obras de axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos. As “Flores de Honra”, que abranguen cinco niveis, son o distintivo que se concede anualmente aos municipios participantes, segundo criterio dun xurado especializado formado por expertos de recoñecido prestixio no ámbito do paisaxismo. O programa recoñece tanto a traxectoria como as accións levadas a cabo polos concellos galegos para mellorar e resaltar os espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *