Sada, considerada unha das xoias da provincia da Coruña e, por extensión, de Galicia; é un concello que conxunga dunha maneira equilibrada e orgullosa virtudes que van dende a riqueza paisaxística e ecolóxica ata a patrimonial e histórica sen deixar de lado a súa sempre presente faceta turística.

Esta singular localidade caracterízase polos valores ecoloxistas e de respecto cara o entorno amosado polos seus habitantes. Mostras deste tesouro natural son o humidal de As Brañas, recentemente declarado Espazo Natural de Interese Local (ENIL); o moi popular Roteiro Mariñán, unha senda que transcorre ao longo da costa entre o Lugar de Fontán (Sada) e o Lugar de Cirro, na Parroquia de Veigue, e no que se pode desfrutar de praias (Arnela, San Pedro, Cirro,…) e calas (Morazón, Os Lobos, Lourido,…) nas que as augas cristalinas e a tranquilidade aportan experiencias únicas.

Ademais, o seu reclamo patrimonial e histórico é incontestable. A existencia de ata oito castros e distintos pazos son o reflexo da riqueza existencial e vital que dominaron estas terras ao longo dos séculos. Pero, sen lugar a dúbidas, de entre todo ese patrimonio, ocupa un lugar destacado, o edificio modernista recentemente declarado BIC de A Terraza.

Sada


Galicia (A Coruña)
Población: Sada
Flores: 0