O Concello de Salceda de Caselas leva máis dunha década realizando numerosos investimentos para a recuperación dos espazos públicos para as persoas, tanto no casco urbano como nas sete parroquias que conforman o municipio. Así, as sendas fluviais convertéronse xa no sinal de identidade deste Concello, con espazos verdes de recreo ao longo das ribeiras dos Ríos Caselas, Landres e Lagoela, que se teñen convertido en lugares de visita de numerosas persoas tanto de Salceda como dos municipios limítrofes, servindo ademais de exemplo de actuación respetuosa co medio e que ademais cumple os parámetros de accesibilidade universal, para que a totalidade da rede de sendas poida ser disfrutada por todos e todas.

Tamén se levan acondicionado numerosos espazos verdes no rural, como a Carballeira de Xabarís, a área recreativa de Rubás, ou a área recreativa dos muíños do Regueiro entre outras, con actuacións de recuperación de espazos abandoados que agora se poñen en valor para ser empregados pola veciñanza.

En canto ao casco urbano, o concello segue unha política de humanizacións e recuperación dos espazos públicos para as persoas. Así, lévanse acometido actuacións en numerosas rúas, prazas e outros espazos da vila, realizando unha transformación do casco urbano que segue a avanzar día tras día con novas iniciativas. A remodelación da Praza da Devesa, a humanización da Rúa Compostela e adxacentes, ou a urbanización da Rúa da Gándara son unha boa mostra desta liña de traballo. Todas estas actuacións complétanse sempre con ornamentación natural (árbores, xardiñeiras con flores, etc), que dan un aspecto moito máis humano ás rúas da vila

VALORACIÓN DEL JURADO

Un ayuntamiento que se preocupa por el desarrollo de zonas verdes para una población muy joven e inquieta. Realiza grandes inversiones en grandes rutas fluviales, potenciando el patrimonio etnográfico como el vegetal.

Reforma totalmente los viales del casco urbano incrementando las calles peatonales y potenciando zonas de aparcamiento disuasorias.

Salceda de Caselas


Galicia (Pontevedra)
Población: Salceda de Caselas
Flores: 2